O convenio entre o Noia FS e o equipo coruñés retoma a súa actividade logo dun ano marcado pola pandemia. Marlon Velasco está contando nestes días de pretemporada con dous reforzos procedentes do 5 Coruña FS. Lukas Ramos, ala de 17 anos que foi internacional Sub-18 e o porteiro Iván Fernández tamén de 17 anos, son os xogadores que participarán nos adestramentos do primeiro equipo do Noia Portus Apostoli.