A Policía Local de Ribeira conta cun novo activo no seu equipo: un vehículo que axudará aos axentes a realizar o seu labor. Trátase dun seat ateca incorporado co sistema OCR a través do cal pode controlar numerosos aspectos grazas ás cámaras que leva incorporadas. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, sinalou que o novo vehículo aportará moitas cousas á policía e afirmou que están a traballar para para contratar a máis axentes auxiliares.