Deportes

A Deputación destina 1,5 millóns de euros para impulsar o deporte coruñés

A Deputación da Coruña destina preto de 1,5 millóns de euros para impulsar o deporte da provincia. Faino a través de tres liñas de axuda que permitirán dar apoio aos clubs e entidades deportivas coruñesas na organización de eventos, no impulso de iniciativas que fomenten a actividade física e na adquisición de equipamento e mellora de infraestruturas. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a concesión provisional das subvencións, que ao sumarse alcanzan unha cifra próxima aos 1,5 millóns de euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.