A Eusko Label Liga desembarcará, pro primeira vez desde a creación da competición en Rianxo. O convenio formalizado por catro temporadas entre a ACT e a Mancomunidade Barbanza Arousa, formada por Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, foi o desencadeante de esta cita histórica para o municipio barbanzá. Este ano, a competición contará con triple presenza galega, coas embarcacións, Cabo, Ares e Tirán.