O PP da Pobra presentou dúas mocións ó pleno de Abril relativas o fomento da natalidade e a apertura do centro de día.
Sobre o fomento da natalidade, Mauel Durán amosou a preocupación do seu grupo pola baixa natalidade existente, tanto na Pobra como no resto do país. Ante isto e pera mellorar o seu concello, Durán presentou unha moción na Pobra solicitando unha axuda económica ós pais, para que o factor económico non sexa un condicionante para o nacemento ou adopción de nenos e nenas.
Trataríase dunha axuda carácter progresivo en función dos recursos económicos das unidades familiares e dividida nunha cantidade fixa de 400 euros por nacemento ou adopción e un bono mensual durante uns años de 50 Euros para a compra de produtos necesarios nos comercios da Pobra.
Sobre o centro de día, dende o PP destacan non estar convencidos da explicación dada polo alcalde sobre o retraso da sua apertura, apuntan que non se perde o convenio se se pon un adeudo no mesmo, permitindo a apertura.
Dende o PP piden someter a aprobación do pleno a reprobación do alcalde e do seu equipo de goberno pola sua actuación no relativo a apertura do centro de día.