O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, avanzou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dunha nova achega de 33,2 millóns de euros para impulsar os produtos agrarios de calidade. Durante a rolda de prensa, Rueda explicou que con esta achega activaránse liñas de axudas orientadas a investir en transformar e comercializar produtos agrarios; promover o sector vitivinícola noutros mercados; cubrir os gastos de funcionamento de 24 Consellos Reguladores; e axudar á incorporación dos agricultores a réximes de calidade. O Vicepresidente galego explicou que se apoiaran tamén actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior; e financiaranse os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias.
Subliña que o sector dos produtos de calidade factura máis de 300 millóns de euros ao ano e implica a máis de 30.000 explotacións e a 900 industrias.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou tamén a aprobación, por parte do Consello, do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, dotado con 7 millóns de euros, que impulsará medias en tres eixos: no ámbito da alfabetización dixital, da capacitación dixital e da innovación social e participativa.
Achega de máis de 33 millóns de euros para impulsar os produtos agrarios de calidade
Please login to join discussion