GADISA supera por primeira vez a barreira dos 1.000 millóns de euros de facturación logrando unha cifra de negocio de 1.037 millones en 2015,o que supón un incremento do 4,2% respecto ó exercicio anterior.
A compañía aumentou os fondos propios en 35,05 millóns de euros, pechando con 291,73 millóns o 2015, ano no que destinou 63,74 millones de euros a impostos e tributos e aportou máis de 36 millóns a cotizacións sociais.
Esta evolución positiva supuso a creación de 201 novos postos de traballo directos en 2015, exercicio no que se destinaron 12,12 millóns a inversións.
Asimesmo, a compañía rexistrou un incremento da superficie comercial: 5.670 metros cadrados ata sumar os 355.134 m2 das diferentes líneas de negocio, debido ól plan de aperturas, ampliación e modernización de puntos de venta impulsado pola compañía.
Este programa incluiu a inauguración de 4 Supermercados Gadis (2 en A Coruña, 1 en Santiago de Compostela e 1 en Salamanca), a reestructuración e aumento de espazo en 3 Supermercados Gadis (A Coruña, Santiago de Compostela e Noia) e un Gadis Hiper (Oleiros), así como a incorporación de 20 puntos de venta da rede de franquicias Claudio.