Este sábado día 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal de Riveira vai ser escenario dunha lectura pública da obra de Manuel María, homenaxeado deste ano nas Letras Galegas.
O evento terá lugar ás 12 do mediodía e pode participar todo aquel que estea interesado. Trátase dunha iniciativa promovida pola FEGAMP e a Fundación Manuel María á que se quixo sumar o Concello de Riveira.
Tamén a A. C. Barbantia realiza actos conmemorativos este mes de abril:
O 23 de abril:
LECTURA PÚBLICA de textos do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016, Manuel María, que terá lugar o sábado 23 de abril, Día do Libro, ás 12.00 h. na Biblioteca do Centro Social de Boiro.
https://www.youtube.com/watch?v=Lw3QJ_fE8sw




