Ribeira

O Concello de Ribeira estrea web e APP

A partir do próximo luns 2 de agosto vai entrar en funcionamento a nova web do Concello de Ribeira: unha nova páxina máis dinámica, intuitiva, áxil e visualmente atractiva que a actual, cuxas características foron dadas a coñecer esta mañá nunha presentación que entre outros contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz, as concelleiras saínte e entrante de innovación tecnolóxica, Ana Barreiro e Juana Brión, e o edil de Turismo Ramón Doval, xa que a vindeira semana tamén se vai activar unha web específica para o sector turístico. Ana Barreiro recordou que esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.