Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta de Galicia inicia a redacción dunha guía de boas prácticas para mellora a integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Enrique Urcola, asinaron esta mañá en Porto do Son o convenio de colaboración para a redacción dunha guía de boas prácticas para a mellora da integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos. O Instituto de Estudos do Territorio, Portos de Galicia e o Colexio traballarán na redacción deste novo manual, traballos que comezarán este ano cunha diagnose do estado actual das instalacións portuarias. O alcalde de Porto do Son afirmou que no municipio apostan pola integración do mar na vila

Salir de la versión móvil