A delegación na Barbanza da asociación » Solidariedade galega co pobo saharaui», fai un chamamento á cidadanía para paliar a situación de emerxencia nos campamentos saharauis. Tralo avivamento do conflito con Marrocos que se deu nas últimas semanas e ante o temor dunha posible guerra queren por en coñecemento de toda a cidadanía , a difícil situación que se está a vivir, tanto no Sáhara Occidental, ocupado polo reino de Marrocos, coma en todo o Magred. Unha situación que podería anticipar o programa Vacacións en Paz, que saca desa zona ós rapaces e rapazas saharauis. ASÍ o RELATOU a situación Kudux Shala, un dos rapaces que de neno pasou os veráns en Galicia.
A situación agrávase e tralos conflicos, dende o Sahara, ven a intención de Marrocos de volver as armas.
Trala expulsión de membros da MINURSO, o envio masivo de material bélico ás zonas ocupadas do Sáhara, os continuos abusos e violencia exercida contra a poboación saharaui por parte do goberno e das forzas marroquís e temendo o estalido dun conflito bélico; as asociacións solidarias puxeron en marcha durante o mes de abril distintas campañas tanto de presión ao Goberno español coma aos diretamente implicados neste proceso de descolonización.
https://www.youtube.com/watch?v=T6kq1rFPWak