O Concello de Boiro encadea dous días seguidos con baixadas nos casos activos. O municipio conta con 208 contaxios a catorce días, dous menos que onte, e 74 a unha semana, dez menos que onte. O alcalde da localidade sinalou que agarda que esta redución se manteña e pouco a pouco o concello recupere niveis máis baixos de contaxios.
Ribeira incrementa o número de positivos en dúas semanas ata os 185, seis máis que onte, mentres que a sete días reducíronse en tres ata os 96. A Pobra segue a rexistrar casos a catorce días, 93 tres máis que onte, pero descenden na última semana ata os 34. Porto do Son e Rianxo seguen cos mesmos datos que onte: 50 casos a 14 días e 15 a sete, por un lado e 47 e 30 polo outro.
Noia conta con 60 positivos a dúas semanas e 36 nos últimos sete días, mentres que Muros sobe ata os 72 casos a 14 días e 55 a unha semana. Outes tamén veu incrementados os casos que xa chegan aos 25 a dúas semanas e 19 a sete días.
Galicia conta con 18.061 casos activos, 1.196 más que onte.