Boiro

O Concello de Boiro segue apostando pola cultura no verán

O venres 30 de xullo contará co espectáculo de Raquel Queizás para amenizar a todos os públicos. O escenario onde se represente o espectáculo será a Igrexa do Carmen en Cabo de Cruz. Queizás presenta o seu Cinema Maravillas. É un espectáculo no que se inclúen adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos de literatura. O obxectivo que persegue Queizás coa representación é facer ver aos nenos e ás súas familias que esas historias poden contarse de moitas maneiras. Alicia en el paía de las Maravillas, Peter Pan ou o Mago de Oz son historias nas que se inspira. A capacidade é limitada, polo que para acudir é preciso reservar entradas na web municipal con dous días de antelación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.