O novo polígono industrial de Ribeira está nas últimas partes do seu plantexamento. O alcalde da localidade sinalou que xa se reuniu cos grupos municipais e cos empresarios para comunicarlles o estado da súa tramitación.
O Concello está pendente de que o consello da Xunta acorde un dos puntos chave para a súa construción: o uso dun espazo que sufriu un incendio hai menos de vinte anos.