Xa se coñecen os gañadores da duodécima edición do Premio Internacional de Gravado Atlante. A deliveración do xurado alargouse polo número das obras recibidas e a súa calidade. Esta edición presentáronse máis de 200 traballos asinados por 180 artistas procedentes de todo o mundo.
A categoría Atlante, dotada de 2.500 euros, tivo acento israerlí, polaco e canadiense. O galego Manuel Lareo recibirá os 2.000 euros da categoría Galicia-Pedras de Santiago, mentres que a arxentina Mirta Gendin e o italiano Vinicius Libardo foron distinguidos con mencións de honra. A artista coruñesa Nuria Pena fíxose coa categoría Ramiro Carregal, que conta cunha dotación de 5.000 euros. Esta é a terceira ocasión na que acada un dos galardóns do certame impulsado pola Fundación Museo de Artes do Gravado. Non o tivo fácil xa que a calidade reinou nesta edición.