Deportes

Puebla remata segunda na regata de Vilaxoán

As xornadas sétima e oitava da Liga Galega de Traiñeras A tiveron un claro dominador: Samertolameu. Os de Moaña afiánzanse no liderado e collen 5 puntos da vantaxe con Bueu.
A XXVI Bandeira Concello de Bueu estivo marcada pola ausencia de Salgado Perillo. Os de remeiros de Samertolameu tiveron que remontar xa que os de Bueu mandaban ao comezo da regata. Meira gañou na casa do seu máximo rival a pesar dos intentos da bancada local por remontar. En terceiro lugar entrou Mecos, seguido de Mera, de Cabo da Cruz e de Puebla. A bancada de Rianxo entrou novena e a de Muros undécima.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.