O BNG da Pobra demanda que o concello da Pobra asuma o proxecto do macropolígono do Barbanza, os nacionalistas presentaron unha moción para o seu debate no próximo pleno relativa a esta demanda. Dende o BNG xustifican a necesidade de pensar en retomar este proxecto que se ia contruir na zona de moldes e que leva anos paralizado ante a demanda por parte de empresas de dotación de chan insdutrial nos concellos de Ribeira e a Pobra.
Manel Casal explicou que este macropolígono ia ir dotado de todos os servizos e se ia desenvolver pora fases. Así piden que se asuma a sua construccion polo concello da Pobra ó considerar que se trata do mellor ubicación para a dotación de chan industrial.
Dende o BNG apuntan que a propia Consellería de Infraestruturas e Vivenda actual no seu “Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia” onde determina as actuacións a desenvolver e as súas localizacións, segue a manter o parque empresarial supramunicipal de Moldes tal e como estaba deseñado. Os propios técnicos da consellería informaron da súa idoneidade para satisfacer a demanda dos dous concellos, así como as características inmellorábeis da localización dende o punto de vista técnico: fácil conexión coa rede eléctrica, ao subministro de auga e a canalización das augas residuais, moi boa comunicación coa autovía por dúas alternativas distintas, relativa pouca necesidade de movementos de terreos e un impacto visual pequeno no entorno