Ribeira

A construción da circunvalación de Ribeira enfronta aos grupos municipais

A construción da circunvalación en Ribeira está a crear conflito entre os grupos municipais. O BNG, PBBI e SR uníronse para presentar unha moción na que reprobaban ao alcalde como incumpridor de acordos plenarios ao non incluir a alternativa de Frións-Xarás no estudo contratado.

O alcalde de Ribeira, en resposta ás afirmacións do portavoz do BNG sinalou que eses estudos si se levaron a cabo.

Ruiz sinalou que o estudo reflexa que a opción que propoñía o BNG non compre coas condicións técnicas necesarias.

Ademais do estudo das opcións, o BNG, PBBI e SR piden ao alcalde que escoite as peticións dos veciños, xa que coa opción presentada pola Xunta algúns veciños deberán abandonar as súas vivendas para que pase por aí a circunvalación. A plataforma veciñal dos afectados polo posible trazado da variante recolleron 1.200 firmas que apoian a súa causa.

O representante pola plataforma veciñal sinalou que se cambiaron as denominacións do terreo, polo que valor do metro caeu dos 30 euros a tres.

O alcalde de Ribeira apuntou que o único obxectivo que persegue é o de axudar a solucionar os problemas dos ribeirenses e os membros do BNG, PBBI e SR esíxenlle cumprir co acordo alcanzado o 19 de outubro de 2020 e dialogar coa veciñanza.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.