O BNG DE BOIRO critica o uso do aparcadoiro de a boqueira d e anegral como almacén

O Bng de Boiro denuncia o emprego que se lle quere dar ao aparcadoiro da Boqueira de Anegral como almacén de maquinaria do Concello e de oficinas e anexos correspondentes.
Dende as filas nacionalistas lembran que para tal fin xa se construíran catro naves no Polígono de Espiñeira durante o goberno do BNG e que as prazas de aparcamento céntricas é un dos problemas prioritarios que ten o Concello, tanto para facilitarlles a vida diaria ás veciñas e aos veciños de Boiro, como para incentivar o comercio local e que podendo empregar unha infraestrutura que xa estaba adicada a tal fin se desmantele e se converta nun “alboio” municipal. Apuntna ademais os nacionalistas que se descoñece o orzamento co se vai a acondicionar e do que se descoñece tamén o motivo polo que non se executan os avais contra a empresa construtora para que se reparen as deficiencias de construcción de orixe, que provocaron fendas e filtracións da augas pluviais.
Dende o BNG afirman que o goberno local ten a Boiro abandonado á súa sorte e á boa vontade dos seus cidadáns, dando ejemplos como o Viveiro de empresas ou o porto de Cabo de Cruz.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.