Deportes

112 deportistas compiten mañá en Taragoña no primeiro Tricos Concello de Rianxo

Taragoña acollé mañá a primeira edición do Tricros Concello de Rianxo-Campeonato Xunta de Galicia. A proba, que está organizada polo concello, o club Triatlón Rianxo e a Federación Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno, desenvolverase entre as 16.30 e as 18.30 aproximadamente.

Un total de 112 deportistas competirán na proba que se inicia na praia de A Torre co sector de natación. Unha vez rematado o ciclismo collerá o relevo pola senda litoral de Taragoña. A competición rematará coa carreira a pé polos arredores do río Té. Os circuitos por onde se desenvolve a proba destacan pola súa beleza e dificultade técnica, o que os fai moi atractivos para o deportista.

Os lugares por onde se disputará a proba terán o seu acceso restrinxido mentres dure a competición.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.