Varias estradas do Concello de Lousame están a ser melloradas. Así o afirmou a alcaldesa da localidade, Teresa Villaverde, que anunciou varias actuacións ao longo do municipio. Unha delas estase a realizar entre Vilacoba e Vilar Reconco.
Tamén están a realizarse traballos nas aldeas e nos núcleos con menos poboación de Lousame. Un destes puntos é Pousada, onde están a mellorar a estrada. O goberno local está pendente de ultimar os acordos de expropiación para iniciar a licitación dunha obra es Escabia.