Repuntan as ventas de coches na comarca

Coa chegada no 2016 comeza anotarse a recuperación económica, un dos factores que así o indican e o repunte das ventas nos concesionarios. A venta de coches creceu un 6,9% nol primeiro trimestre do 2016, con 285.495 matriculacións, sendo o mellor primer trimestre dende o ano 2010. Tan so no mes de febreiro as matriculacións de coches novos creceron un 12,4%. No que vai de ano os concesionarios da Barbanza notaron unha lixeira melloría. O mercado de vehículos industriais crece tamén un 25% no primeiro trimestre do ano

O dato máis chamativo no que vai de ano é o importante repunte que tiveron as motorizacións de gasolina nas ventas, cun un 40,4% das matriculaciones xerais. Os diésel seguen liderando o mercado, cun 57,3%, mentres que van gañando terreo os híbridos e eléctricos, cun 2,3%. Este ano recupérase tamén a tendencia a mercar vehículos mais equipados e con motores máis potentes.

Por modelos os León e Ibiza de SEAT recuperan os primeiros postos da taboa de ventas a nivel xeral.

O plan PIVE e as campañas que realizan dende os concesionarios axudan ó consumidor a mercar vehículos novos, conseGuindo así unprepunte das ventas.

Segundo a asociación española de fabricantes de automoviles e camións ANFAC, todos os canais de ventas pecharon en positivo este primeiro trimestre do ano , o canal de empresa creceu un 18,8 % , cun total de 75.490 unidades. O canal de alquilador creceu un 5,8% no trimestre con 70.564 operacións e o de particulares un 1,9% con 139.441
Unidades.

https://www.youtube.com/watch?v=zos0af5wVIY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.