O Noia está a deseñar o equipo co que competirá a próxima tempada en Terceira División. Os últimos pasos deunos co anunicio das renovacións de Nando e Jacobo Tato, pero tamén con despedidas. Berto, Stefan e Juan Diego, que volve ao Negreira, xa se despediron do equipo. Non son os únicos movementos que anunciou o club, xa que comezaron a dar os nomes dos xogadores que formarán parte do equipo filial e que son importantes de cara a contar coas fichas sub23 necesarias para a competición.