BOIRO e un dos concello galegos con mais bandeiras azuis nos seus areais

Boiro e un dos concellos galegos con mais bandeiras azuis nos seus areais. Asi o anunciou o alcalde de Boiro Juan José Dieste, despois de dar a coñecer que o concello ten finalizado un 70 % do saneamento. Neste 2016 Boiro é o único concello do Barbanza que solicita bandeira azul para as súas praias,

Estas bandeiras son garantia da excelente calidade das augas; da súa seguridade; da completa dotación de servizos dos que dispón; da accesibilidade e da sustentabilidade dos areais e dársenas da contorna. Para lograr a bandeira azul hai que cumprir unha serie de requisitos, entre os que están a boa calidade das augas, para o cal ademais do investimento da Xunta, o concello de Boiro fixo un gran esforzo, como asi relata o seu rexedor.

Galicia acaparou o pasado ano o 22% das 577 bandeiras azuis outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e vai segunda no ranking nacional, por detrás da Comunidade Valenciana.

https://www.youtube.com/watch?v=myQmsSWe0YY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.