A Asociación Amicos inaugurou no Centro Social de Boiro unha exposición de Arte Reciclado. Con motivo do ano Xacobeo decidiuse fusionar o espíritu creativo co camiño de Santiago e o uso de materiais reciclados. A colección é moi variada e creativa e está composta por obras que inclúen os símbolos do camiño, a universiade ou as experiencias dos artistas.