Esta semana o concello acolle a representación de catro espectáculos enmarcados no Verán cultural de Boiro. A primeira cita é mañá co espectáculo «Superharte» de Patty Diphusa para o público infantil e familiar que se celebrará no esteiro do río Coroño ás doce da mañá. O venres será o turno de Alba Grande con «Historias para derreter cera» que se representará no muíño do río Breiro ao mediodía e tamén é para un público infantil e familiar. O mesmo venres pero ás dez da noite a praza da Terceira Idade será o escenario no que se desenvolva o concerto de 3 pesos «Cando os animais cantaban». E para poñer o broche final o sábado ás 12 da mañá será o turno de Raquel Queizás co seu espectáculo «Raposadas». Celebrarase na praza da Terceira Idade.
Para poder acudir ás actividades hai que inscribirse con dous días de antelación na páxina web municipal.