O Concello de Boiro pon o foco no polígono industrial de Espiñeira. O alcalde da localidade presentou un novo proxecto aos empresarios para mellorar os accesos e as instalacións. Romero define estas actuacións como necesarias para o bo desenvolvemento das actividades.