Ribeira

A comarca rindeulle homenaxe á virxe do Carme

Os mariñeiros volveron a rendir homenaxe á virxe do Carme un ano máis, celebracións marcadas polas medidas anticovid. As procesións volveron a suprimirse, aínda que si houbo ofrendas florais. En Aguiño, unha das parroquias onde máis se festexa o 16 de xullo, a ofrenda realizouse mar adentro. A misa principal realizouse ao aire libre na explanada do porto. A ela asistiron autoridades locais e autonómicas como a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas. Unha vez finalizada varias lanchas da confraría adentráronse no mar para lanzar unha coroa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.