O BNG de Ribeira pedirá no pleno a creación de estacionamentos no Hospital da Barbanza

Os nacionalistas pedirán o Concello de Ribeira que mellore o firme e o ancho da corredoira que da acceso o Hospital habilitando zonas de estacionamento. Piden ademais que se dote dunha cuneta coa que desaloxar a auga.
Dende o BNG apuntan que Hospital da Barbanza conta cun acceso principal a través dunha rotonda desde a estrada AC-550 e outro secundario que parte da mesma estrada e vai desembocar ao lateral do Hospital preto da zona de Urxencias, trátase dunha pequena corredoira na que os vehículos estacionan debido ás poucas prazas de estacionamento que hai no recinto, esta corredoira presenta problemas no firme así como desbordamentos de auga provenientes dun regato que hai no lugar.
Esta é a situación que leva os nacionalistas a solicitar ó concello zonas de aparcamento gratuítas nas proximidades do Hospital .

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.