O verán é unha boa época para os bivalvos: os turistas queren telos no prato e os mariscadores venden moi ben o produto. A única nota negativa é a pouca cantidade que están a atopar os traballadores da confraría de Aguiño de ameixa nas súas concesións. Isto unido á alta demanda da como resultado un aumento do prezo de ameixas ou navallas.