Este sábado 17 de xullo as augas da Ría de Arousa serán o escenario onde se desenvolva a décimo quinta Regata Gadis – Concello de Ribeira. A proba contará con tres categorías: regata, regata-cruceiro, e cruceiro. A organización ten previstos varios percorridos, pero se as condicións meteorolóxicas o permiten a ruta seleccionada será a número 3, que irá polo interior da ría e bordearán varias illas, entre elas a de Rúa. No caso de que o tempo non permita este percorrido a opción que colle máis forza é a 5.