O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a través do cambio tranquilo, capaz de sintetizar tradición e progreso. Incidiu tamén en que as transformacións máis fondas na esencia dunha comunidade son aquelas que involucran a todos os homes e mulleres que a compoñen, buscando nexos de unión entre eles.
Feijoo destaca na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a traves do cambio tranquilo

