O Concello de Porto do Son reafirma a súa aposta polo deporte coa organización das primeiras xornadas de Triatlón, en colaboración co club Artrogal Tri 498. O concelleiro de Deportes explicou na presentación da xornada que comezaron a traballar nelas o ano pasado e están destinadas para os máis cativos.
O principal obxetivo que persegue o concello con estas actividades é a de iniciar ao nenos no triatló, unha disciplina deportiva moi completa que mestura natación, ciclismo e carreira.
Haberá cincuenta prazas dispoñibles. Á hora de desenvolver as actividades dividiranse en grupos de 25 segundo idade. O primeiro estará formado por nenos de entre 6 e 9 anos e terán un horario de cinco e media a sete. No segundo estarán nenos de 10 a 14 anos e comezarán ás sete e media e rematarán ás nove. Os representantes do club Artrogal animan a todos os nenos a participar na xornada.
Mañá abre o prazo para a preinscrición. Os interesados teñen que mandar un correo a deportesdoson@gmail.com