Deportes

Máis renovacións e despedidas no Noia Portus Apostoli

O Noia Portus Apostoli segue a traballar na confección do equipo para a próxima tempada. O club confirmou a renovación dun dos xogadores chaves: Palmas. O santiagués continuará liderando ao Portus Apostoli unha campaña máis. Palmas, capitán nas últimas dúas tempadas, conta cun balande de 63 partidos en segunda, cinco na Copa do Rei e tres en Copa Galicia. Logrou 11 dianas. Con esta renovación o equipo conta xa coa continuidade de Pirata, Power, Lluc, Rangel e cos reforzos de Chus, Edu Jabá e Joaki.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.