O concello de Porto do Son ten un obxectivo destacado a cumprir: ter o 100% das parroquias saneadas. Os últimos pasos para logralo están a ser dados en varios puntos, como en Queiruga ou en Basoñas.
O alcalde sonense, Luis Oujo, apunta a importancia das obras que se realizarán en Basoñas para levar a rede de saneamento aos puntos necesarios. O abastecemento de augas de Portosín é outro punto chave para Oujo xa que con el queren cumprir o seu obxectivo de non perder unha gota de auga.
O alcalde da localidade sinala que o próximo paso será comezar co Plan de obras e servizos a través do cal destinarase case un millón de euros en obras no rural e nos cascos urbáns.