Ribeira

O percebe acada un precio medio de 40 euros o quilo na lonxa de Aguiño

Dende a semana pasada os mariscadores da confraría de Aguiño poden traballar ao percebe na zona norte, dende a punta Falcoeiro ata as proximidades de xuño. O patrón maior do pósito, José Antonio Santamaría, explica que están a ser moi selectivos cos días de traballo e como moito saen dous días á semana ao percebe.

O patrón maior de Aguiño destaca que o aumento da demanda do percebe axuda a manter un bo prezo medio que a semana pasada acadou os corenta euros o quilo. Na poxa celebrada hoxe na lonxa de Aguiño a primeira parada fíxose en 108 euros, a segunda en 104 e a terceira en 95.

Que a hostalería e a restauración leven abertos en horarios semellantes a antes da pandemia axuda a que os prezos nos baixen, aínda que Santamaría sinala que non esperaban que o percebe tivera tanto valor a estas aluras do verán.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.