O mercado solidario que organiza a Protectora Moura en favor dos animais abandonados volveu á rúa para recadar fondos. O posto estivo na pobrense praza do Emigrante dende as 11 da mañá ata as 20.30 horas do sábado. Foi organizado en colaboración coa concellaría de Benestar Animal, da cal é titular a edil Estefanía Ramos. O posto tiña á venda diversos produtos, dende libros e cadros ata roupa.