A XV Regata Gadis – concello de Ribeira xa ten data. O próximo 17 de xullo as augas da ría de Arousa acollerán a celebración dunha nova edición da regata organizada polo Club Náutico Deportivo de Ribeira, a Real Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral do Deporte, a Fundación Deporte Galego e coa colaboración e patrocinio de Gadis.