O Boiro xa comezou a traballar na planificación da seguinte tempada. A primeira peza foi a contratacón de Luis Carro como adestrador do equipo, que sustituirá a Cristian Pérez. O novo técnico ven de dirixir durante catro anos o Ribadumia e agora asume o reto de levar ao equipo de Barraña de volta á Terceira División. Carro aposta polo traballo e esforzo para conseguir o tan ansiado ascenso de categoría.