As Xornadas De A Puro Mel Chegan Ao Son

A asociación de consumidores conscientes e
ecolóxicos, A Morangueira presentou esta mañá as xornadas A Puro Mel que se celebrarán en Porto do Son os día 23 e 24 de agosto. A Puro Mel é unha iniciativa realizada en colaboración de Api-BAR, Abelleiros da Barbanza, e ten por finalidade a dar a coñecer a impostancia do traballo das abellas no ecosistema e, por outra banda, pór en valor o mel e os produtos da colmea elaborados na nosa Comarca .

Api-BAR é unha asociación de apicultores de toda a Barbanza, constituída en 2009 cos obxectivos de desenvolver a apicultura e de producir mel e outros produtos derivados e de concienciar a todos os barbanzáns da importancia das abellas, verdadeiras garantes da sustentabilidade do ecosistema e dos frutos das
nosas hortas.

As xornadas, que terán lugar os vindeiros días 23 e 24, están dirixidas a todo tipo de público, sen límite de idade nin de coñecementos previos, amantes da natureza, persoas que queren achegarse ao apaixonante mundo das Abellas. Contarán conconferencias, curso de cociña con mel e unha visita a un apiario.
Para máis información sobre o programa e inscricións poden dirixirse a
Asociación A Morangueira amorangueira@gmail.com ou ben chamar ao teléfono 615462125

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.