Sin categoría

En terceira división, O Boiro venceu co resultado de 3-0 co Ribadeo e o Noia gañou por 0-2 ó Verín.

O partido do Boiro co Ribadeo foi emocionantes dende o comezo do mesmo, ós cinco mintos de ter comezado o partido Rubén Rivera, tras unha boa xogada de Paco, abría o marcador dando ventaxa os locais. Os de Barraña seguiron apretando coas ganas postas no partido, e no minuto 27, e trala expulsión de Dapo os boirenses, grazas novamente a Rivera, anotaban o segundo gol do encontro, marchando o descanso co 2-0 no marcador. Romay, no minuto 54 anotou o terceiro gol do Boiro, dando o resultado de 3-0 que a postre sería definitivo. O Boiro está de lider na clasificación, con 67 puntos a proxima semana enfróntase co Alondras.
O Noia gañaba por 0-2 o Verín
O Noia tamén desputou un bo partido nesta xornada, os de Yago Iglesias volven a senda da victoria tras gañar por 0 – 2 ó Verín.cunha primeira parte moi desputada pero sen goles, abria o marcador Steven no minuto 51 tras coller un pase dende a banda.
No minuto 82 Berto, tras recoller un pase dende a banda de Saro, anotaba o segundo gol do Noia.
O Noia vai de colista con 31 puntos, a próxima semana recibe o as Pontes.
En preferente autonómica norte, o atlético Ribeira perdeu 2-1 co sarriana, mentres o Puebla empatou a uns co villestro.

Salir de la versión móvil