Icono del sitio CanalBarbanza.com

As parroquias de Noia centrarán as obras de remodelación e mellora

O Concello de Noia vén de anunciar novas obras de mellora de estradas e rúas de diversos puntos da vila. Un deles localizarase na avenida República Argentina para o que hai más de 150.000 euros en investimento.

As parroquias da localidade serán tamén protagonistas nestas novas obras que anunciou o alcalde de Noia, Santiago Freire.

As actuacións na parroquia de Ousoño centraranse na vía principal pero tamén nas rúas interiores. Freire asegura a mellora da seguridade viaria con estas obras.

Freire sinala que estas obras permiten unha actualización e adaptación aos tempos e con elas busca dar resposta ás demandas dos veciños

Salir de la versión móvil