Ribeira

Gonzalo Caballero esixe á Xunta máis compromiso medioambiental

O secretario xeral do PsdeG, Gonzalo Caballero, visitou o pasado sábado 10 de xullo as Dunas de Corrubedo. Dende ese singular paraxe Caballero lanzou unha mensaxe ecoloxita e de compromiso co medioambiente coa vista posta na loita contra o cambio climático.

Caballero sinalou que a Xunta merece un suspenso en política medioambiental, coidado da biodiversidade e na xestión dos parques naturais. Tamén fixo un chamamento á elaboración dunha lei galega contra o cambio climático.

O dirixente socialista apuntou na súa visita ás dunas de Corrubedo que só tres das 72 especies en perigo de extinción contan en Galicia co plan de recuperación esixido pola lei. Caballero remarcou que é necesario un compromiso coas políticas medioamebientais para garantir o futuro das seguintes xeracións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.