A procesión de San Critovo, patrón dos condutores, voltou onte ás rúas de Ribeira, evento organizado polo concello e a Asociación Alfaia coa colaboración da parroquia de Santa Uxía. Ás 10 da mañá numerosos vehículos concentráronse no Malecón, onde as bucinas non deixaron de soar. Ás 11 o grupo de gaitas Tahume puxo a nota musical.
Ao mediodía celebrouse unha misa solemne na igrexa parroquial de Santa Uxía en memoria e todas as persoas falecidas en accidentes de tráfico. Este ano con especial recordo a Pachi Santamaría, Peli Sieira, Lucho Pérez e Miguel Francesch.
Unha vez finalizada a ofrenda homenaxe, desenvolveuse o tradicional desfile do santo acompañado do grupo Tahume e do club Reventapistóns ata o Malecón, onde se oficiou a bendición dos vehículos. Para pechar a procesión varios camións, automóviles e motos percorreron as rúas principais da localidade.