FEIJÓO afirma que GALICIA seguirá achegando solvencia e credibilidade a españa fronte aos que se rebelan contra un modelo autonómico que permitiu a evolución harmónica do estado, xunto ao respecto á liberdade e a diferenza

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que Galicia seguirá achegando solvencia e credibilidade a España fronte aos que se rebelan contra un modelo autonómico que permitiu a evolución harmónica do Estado, xunto ao respecto á liberdade e a diferenza.

Durante a súa intervención esta mañá no Foro El Mundo, e diante dos problemas territoriais, que seguen figurando entre as principais preocupacións, Feijóo avogou por non incorrer no erro de pensar que os desplantes secesionistas se dirixen contra unha España anacrónica e centralista.
.
Nesta liña, Feijóo afirmou que a política galega é política nacional porque está a proporcionar ao conxunto de España exemplos variados de boa xestión. “O noso modelo sanitario, educativo, cultural, económico, social ou empresarial, ten un valor que vai máis alá de Pedrafita”, incidiu, ao que engadiu que o cumprimento do control do déficit por parte de Galicia vai recibir o seu xusto recoñecemento a nivel interno pero tamén a nivel externo.

“Recoñecemento a nivel interno, porque ter unhas contas en orde vainos permitir seguir facendo inversións sociais e económicas con maior intensidade, se ben xa somos a segunda comunidade que máis investiu o pasado ano. E recoñecemento tamén a nivel externo, xa que -tal e como anunciou o Goberno central- as comunidades cumpridoras sairemos beneficiadas por cumprir co noso deber, a diferenza da maioría”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.