Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña achega case 600.000 € aos concellos para investimentos culturais

A Deputación da Coruña destina un investimento de case 600.0000 € para proxectos de mellora e acondicionamentos de infraestruturas culturais dos concellos da provincia. A resolución da convocatoria de subvencións publicouse no BOP do pasado 15 de abril.
Melloras da accesibilidade, cambios en sistemas de proxección cinematográfica, equipamentos, equipos de luces sistemas de seguridade, mobiliario, sonorización de locais ou instalación de elevadores son algúns dos 93 proxectos que a área de Cultura da Deputación da Coruña financia a través do programa de subvencións a concellos e entidades locais para a realización de investimentos culturais durante o ano 2016.
O total concedido para os distintos proxectos é de 582.799,85€ máis unha axuda de 7.200 € que está condicionada á entrega dunha nova memoria valorada das obras.
A resolución provisional coa listaxe completa das axudas concedidas por municipios, obxecto e importe da subvención provincial está publicada no BOP nº 71 do 15 de abril, ao que se pode acceder desde este enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/04/15/2016_0000002734.html

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.