Icono del sitio CanalBarbanza.com

Feijóo enxalza a iluminación interior da Catedral de Santiago para celebrar o Ano Xacobeo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a contribución da nova iluminación interior da Catedral de Santiago para celebrar un Ano Santo bienal cunha intensidade renovada, desde o seu epicentro máis emblemático.
Durante o acto de inauguración da iluminación ornamental interior, Feijóo aseverou que esta iniciativa transcende ao proxecto de iluminación, servindo para recuperar o esplendor da Catedral de cara á este Xacobeo 21-22 e para velar pola súa impronta para as xeracións vindeiras.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta destacou que o sistema con novas lámpadas e emisores led desenvolve todo o potencial estético do templo sen substituír á luz natural, baseándose en tres puntos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural.
Feijóo recordou que cunhas obras que ascenden a case 24 millóns de euros, Galicia leva máis dunha década preparando á Catedral.

Salir de la versión móvil