O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, desprazouse esta maña á localidade de Noia acompañado polo Portavoz municipal do BNG no concello Ricardo Suárez, para presentar as novas iniciativas rexistradas na cámara baixa sobre a recuperación da zona húmida de San Lázaro, nun proxecto que integre tamén a mellora do actual paseo fluvial, así como a rexeneración do campo de fútbol. Rego urxe o Goberno incluír a realización dun proxecto paisaxístico e ambiental dentro da planificación establecida como prioritaria polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico dentro da axenda 2030 de emprender a restauración progresiva de todas as zonas húmidas para que poidan recuperar a estrutura e funcións perdidas pola acción humana.
O BNG urxe un plan de recuperación para a xunqueira de San Lázaro en Noia

