Por segundo ano seguido a Asociación Amicos inicia o Campamento Voluntariado Xuvenil Inclusivo. No proxecto participan doce rapaces de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que se atopan en risco de exclusión social ou teñen unha discapacidade intelectual. O Camping de Cabío é o lugar onde hoxe se presentou o campamento e onde se desenvolverá.
Os participantes no proxecto desenvolveran diversas actividades ao longo dos once días que dura o campamento. Dous dos voluntarios, Alfonso Pérez e Sarai Segade, falaron dalgunhas acompañados de Pilar Sampedro, responsable do centro de Atención Integral.
Ademáis os rapaces realizarán parte do camiño de Santiago e visitarán a capital galega, os Castros de Baroña ou o Dolmen de Axeitos.