Deportes

A Regata Congalsa Volta a Sálvora volve o sábado e cumprirá unha década

A Regata Congalsa está a piques de cumprir 10 anos. Este sábado 10 de xullo máis dunha veintena de embarcacións da clase ORC cítanse para percorrer a ría de Arousa e bordear a illa de Sálvora no seu traxecto. O regreso á competición virá da man da volta á normalidade tras a pandemia da covid19. Os organizadores da competición resaltan a importancia de recuperar o deporte tras o parón do pasado ano.
A illa de Sálvora non será a única que se verá involucrada na competición. A proba tamén pasará pola illa de Rúa, Vionta e Noro.
A cita está pensada para as tres divisións naturais da clase ORC: regata, cruceiro-regata e cruceiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.